Dembelé gaña o balón de ouro | Aitana Bonmatí raíña por terceira vez

Ousmane Dembelé gañou o balón de ouro 2025. O xogador francés recibiu, entre bágoas e sen poder apenas falar, o trofeo que lle recoñece como mellor xogador do ano 2025. Lamine Yamal quedou segundo nas votacións e o portugués Vitinha foi terceiro. A pesar de non acadar o máximo galardón individual do fútbol mundial, Lamine non marchou de baleiro de París. O extremo do Barça gañou o trofeo Kopa ao mellor xogador sub 21. Non foi o único español que recibiu un premio. Aitana Bonmatí gañou o terceiro balón de ouro feminino. Os tres balóns de Aitana Bonmatí consecutivos e os dous anteriores de Alexia Putellas suman cinco seguidos gañados por unha xogadora española. Luis Enrrique gañou o trofeo Johan Cruyff ao mellor adestrador. 

Related posts

O Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación extraordinaria esta fin de semana na Liga Española de Clubes

Gran fin de semana dos atletas da A.D. Fogar en Ribadavia, Córdoba e Ourense

O balonmán feminino vivirá este domingo en Carballo unha tarde de homenaxe a tres xogadoras do Xiria