Democracia Ourensana entra de novo no goberno da Deputación de Ourense

1 minutes read

O presidente da Deputación provincial de Ourense, Manuel Baltar, asinou unha resolución pola que nomea ao deputado provincial de Democracia Ourensana, Armando Ojea, membro da Xunta de Goberno da institución provincial.

Este nomeamento supón o regreso da formación fundada por Gonzalo Pérez Jácome a esta institución despois da ruptura de ambas as formacións e unha vez producido o regreso do PP ao goberno municipal de Ourense.

Segundo a nota difundida polo ente provincial, este nomeamento permitirá dar de novo «estabilidade e fortaleza» ao goberno da Deputación á hora de poder cumprir co seu plan de mandato e incrementar «a maioría política na cámara de representación provincial», sinalou Baltar.