Denunciada unha tasca en Muxía por incumprir o horario de peche

0 minutes read

Axentes da Garda Civil interpuxeron varias denuncias nunha tasca situada na vila de Muxía por incumprimento das normativas.

Sucedeu esta fin de semana, cando no interior do local se atopaban varios clientes sen máscaras. Ademais, o estabLecemento continuaba aberto despois das 17:00 horas, o horario máximo permitido para este municipio nese momento debido ás restricións sanitarias.