Denunciadas 18 persoas por compartir localizacións de controis de mobilidade por WhatsApp

1 minutes read
  • Nos grupos tamén se compartían as matrículas dos vehículos oficiais de axentes da Garda Civil de Luarca e mesmo da Policía Nacional

A Garda Civil de Oviedo, dentro dos servizos establecidos que veñen realizando para o control do cumprimento do R.D. 463/2020, propuxo para sanción a dezaoitos persoas que facendo uso de aplicacións móbiles, colgaban fotografías de controis realizados polos axentes para alertar aos usuarios destas aplicacións do lugar no que se estaban realizando.

Desde o pasado mes de abril os axentes de Luarca investigaban a creación na zona de grupos de WhatsApp que alertaban da posición dos controis e puntos de verificación establecidos pola Garda Civil para controlar os desprazamentos inxustificados durante o estado de alarma e evitar así a propagación do COVID-19.

Froito das investigacións, os axentes lograron introducirse en dous grupos con máis 500 usuarios en total, cuxa finalidade era a de difundir a posición dos controis e movementos dos Gardas Civís pertencentes á Compañía de Luarca e mesmo da Policía Local. Nos grupos tamén se compartían as matrículas dos vehículos oficiais dos axentes.

Os detidos enfróntanse a unha sanción económica que pode oscilar entre os 601 e os 30.000€.