- Os axentes descubriron a un grupo de persoas xogando unha partida de póker no local social da vila
A Garda Civil de Muxía interpuxo varias denuncias na madruga do sábado para o domingo polo incumprimento dalgunhas normas sanitarias na aldea de Trasufre, por saltarse o toque de queda e mesmo por saír dun concello cun peche perimetral.
Segundo fontes cercanas ás persoas que foron denunciadas, todo comezou pola chamada á Garda Civil preto das catro da mañá para comunicar que uns mozos se atopaban facendo trompos co coche en Trasufre. Cando os axentes localizaron a estas persoas, varias deron positivo no control de alcoholemia e estupefacientes, déronse conta de que o local social da vila tiña as luces acendidas e que ademais había varios coches aparcados fóra.
Cando entraron no centro, de titularidade municipal, descubriron a preto dunha decena de persoas que participaban nunha partida de póker, sen manter as distancias e sen usar a máscara. Ademais, un dos participantes pertence ao concello de Dumbría, que se atopa nun peche perimetral.