- O condutor tamén realizou manobras de adiantamento pola dereita e vulnerou as distancias de seguridade
O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña e efectivos do Destacamento de Tráfico de Santiago de Compostela, investigaron a un condutor, de nacionalidade portuguesa, que presuntamente circulaba cun vehículo a velocidades superiores a 200 Km/ h, segundo detectaron funcionarios da DXT nun voo de vixilancia co helicóptero e o sistema “Pegasus”.
Os feitos, que se cometeron preto do mediodía do pasado 15 de xaneiro, entre os quilómetros 15 e 72 da AP-9 sentido Vigo, suxeriron un detallado visionado das imaxes gravadas desde a aeronave, para finalmente determinar a comisión de dúas infraccións graves contempladas no Regulamento Xeral de Circulación.
O presunto autor, que finalmente foi denunciado por un exceso de velocidade grave, de 210 Km/h e unha condución temeraria con adiantamentos pola dereita e vulneración das distancias de seguridade, tivo que abonar un depósito de 550€ ao tratarse dun cidadán non residente en España.