Denunciado por mofarse e tocar a campá da igrexa de Sorrizo en Arteixo

1 minutes read

Un mozo, veciño de Arteixo, que xa contaba con delitos previos segundo o auto policial, foi denunciado pola Policía Local por facer caso omiso das normas do estado de alarma, fixo soar de maneira reiterada as campás da igrexa de San Pedro de Sorrizo, gravando os feitos en directo na súa conta de Instagram.

No vídeo, que está a circular a través das redes sociais, pódese ver a este mozo dirixirse cara á igrexa anunciando as súas intencións de tocar a campá, declarandose como «o alcalde do pobo» en ton burlesco. Tras chegar á ermida, comeza a facer soar a campá mediante a corda colgante da mesma, mentres insulta e indica aos veciños que saen das súas casas para recriminarlle a súa actitude que o fai «en honra ás vítimas».

A Policía Local de Arteixo denunciouno por unha infracción ao real decreto polo que se declara o estado de alarma.