Denunciado un condutor de ambulancias en Ribeira por dar positivo en cocaína

Garda Civil

  • O condutor, que se atopaba de garda e nese momento ía só no vehículo, tamén deu positivo en anfetaminas

A Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela denunciou ao condutor dunha ambulancia do 061 tras arroxar un resultado positivo no control de drogas na estrada DP 7307, no termo municipal de Ribeira.

O condutor, que se atopaba de servizo de garda e non levaba pasaxeiros nese momento, deu positivo en consumo de cocaína e anfetamina.

Posteriormente, o vehículo foi inmobilizado polos axentes ata a chegada doutro condutor debidamente habilitado.