Denuncian a desaparición de Alexéi Navalni do cárcere no que se atopaba

O líder opositor ruso, Alexéi Navalni, xa non está na cárcere número 6 da rexión de Vladímir, onde cumpría a súa condena desde xuño de 2022, ao ser trasladado a outro cárcere, cuxa localización se descoñece polo momento, segundo os colaboradores do político.

«Acaban de dicirlle ao seu avogado que o preso Navalni xa non está no cárcere», escribiu este luns na rede social X, Kira Yarmish, unha das aliadas do opositor.

Segundo Yarmish, os funcionarios do cárcere non accederon a revelar o novo paradoiro de Navalni, que cumpre unha condena de case 30 anos de cárcere.

«Non sabemos onde está agora. Pode estar en calquera cárcere de réxime especial e hai unhas 30 delas por toda Rusia», dixo Yarmish a Reuters. «Tentaremos ir a todos os cárceres que hai e buscarlle». engadiu. 

Pola súa banda, Estados Unidos mostrouse preocupado polo ocorrido.  «Debería ser liberado inmediatamente. Nunca debería ser encarcerado», declarou o voceiro de seguridade nacional da Casa Branca, John Kirby.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha