Dende o Concello afirman que a desaparición de plantas dos xardíns públicos é moito máis frecuente do que lles gustaría, o que obriga a realizar continuas reposicións. Por desgraza, esa práctica repítese en distintos lugares, sobre todo en zonas de paso, pero hai espazos nos que, pola súa reiteración, o problema agrávase. Na zona verde da Praza da Milagrosa, que vén de ser obxecto dunha reforma integral nas últimas semanas, levan desaparecido plantas por valor superior aos 500 euros, as últimas na noite deste martes, e no Rego da Balsa ocorre o mesmo coa flor de tempada. Debido a esta situación reiterativa fan un chamamento á colaboración da veciñanza para poñer en coñecemento da Policía Local calquera información sobre a autoría das subtraccións para poder actuar en consecuencia.
41