Denuncian a rotura dunha balsa mineira no río Tambre

1 minutes read

O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de denunciar os feitos na Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia, na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía e na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por se fosen constitutivos de delito contra o medio ambiente e os recursos naturais, así como de infraccións administrativas atendendo ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico e outra normativa de aplicación, solicitando que se investiguen as actuacións denunciadas, contribuíndo ao esclarecemento das mesmas e ao mantemento e restablecemento da legalidade. Ademais de todo isto, tamén se ve afectada a Rede Natura.

Unha vez realizada esa supervisión, Augas de Galicia deu aviso ao persoal do 112 Galicia para que trasladase a situación aos concellos polos que transcorre o Tambre, polas captacións de auga que se puidesen verse afectadas. Deste xeito, poderán tomar as medidas de prevención e realizar as comprobacións necesarias para garantir un seguro e correcta subministración de auga á cidadanía. 

Non é a primeira vez que o Sindicato Labrego Galego denuncia o que califica de “actuacións ilegais vinculadas con
esta empresa”. No ano 2017 presentouse diante da Fiscalía unha denuncia contra esta empresa por levar a cabo actividades mineiras no concello de Frades sen que consten as licenzas preceptivas para poder levalas a cabo. “Os feitos denunciados remóntanse ao outono de 2017, cando Erimsa fixo traballos extractivos dende o 27 de outubro na parcela 502, polígono 572, na parroquia fradense de Abellá”, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?