Denuncian aos participantes dunha festa ilegal en Ledoño

1 minutes read

A Garda Civil de Culleredo en colaboración coa Policía Local desprazáronse ao lugar de Ledoño xunto con outras patrullas da localidade de Arteixo e da Comandancia da Coruña, onde comproban como desde o exterior dunha nave escóitase música a alto volume.

Tras acceder ao interior da nave industrial atópanse a 7 persoas consumindo bebidas alcohólicas, pan e restos de churrasco. Todos os asistentes á festa foron informados de que serán propostos para sanción por incumprir os preceptos legais do estado de Alarma, á vez que se lles instou a abandonar o lugar e dirixirse aos seus respectivos domicilios. Por todo iso, as autoridades, formularon 7 denuncias administrativas á Delegación do Goberno.

Lémbrase que para resolver calquera dúbida referente ao cumprimento do estado de alarma, a Garda Civil pon ao dispor do cidadán o número de teléfono 981167800, extensións 313 e 297. Non se debe utilizar para estas dúbidas o teléfono de emerxencias 062.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?