Os concelleiros non adscritos de Ponteceso emitiron un comunicado este luns no que afirman non entender porque se colocaron as bandeiras azuis nas praias que contan con diversas deficiencias e falta de servizos. “A sorpresa é que acúdese á praia do Osmo, e a pesar de ter a bandeira izada non contan con baños. Resulta que a praia adaptada ven sendo esta, polo tanto carece de servizo adaptado para persoas con discapacidade”. Ademáis denuncian “a falta de baños adaptados, posto de salvamento con punto de electricidade, ou a falta de sistema para quentar auga”. Tamén afirman que os socorristas «se necesitan atender a un bañista por unha picada de escarapote non teñen auga para tratar esa picadura”. Aseguran que a situación se repite tamén na praia da Ermida.
43