Denuncian deficiencias en praias de Ponteceso con bandeira azul

1 minutes read
Izado bandeira azul na praia de Osmo en 2019, cando aínda o goberno local estaba unido.

Os concelleiros non adscritos de Ponteceso emitiron un comunicado este luns no que afirman non entender porque se colocaron as bandeiras azuis nas praias que contan con diversas deficiencias e falta de servizos. “A sorpresa é que acúdese á praia do Osmo, e a pesar de ter a bandeira izada non contan con baños. Resulta que a praia adaptada ven sendo esta, polo tanto carece de servizo adaptado para persoas con discapacidade”. Ademáis denuncian “a falta de baños adaptados, posto de salvamento con punto de electricidade, ou a falta de sistema para quentar auga”. Tamén afirman que os socorristas «se necesitan atender a un bañista por unha picada de escarapote non teñen auga para tratar esa picadura”. Aseguran que a situación se repite tamén na praia da Ermida.