Denuncian o abandono das infraestruturas públicas no lugar de Beo, en Malpica

1 minutes read

VOX Malpica emitiu un comunicado denunciando a existencia dunha focha e unha vertedura fecal no lugar de Beo. A formación presentou no concello unha petición por escrito para a reparación con carácter de urxencia desta focha e vertedura fecal, situado xusto no cruzamento do Camiño da Fonte Nova.

Javier Ferreiro, coordinador de VOX Malpica afirmaba estar «totalmente impactado ao ver esto…e segundo di un representante dos veciños esta porcallada leva así anos…en VOX Malpica non entendemos como os distintos grupos do goberno local non tomaron as medidas necesarias para solucionar este grave problema… ademais da focha que hai na rúa, saen continuamente residuos fecais á superficie e transcorren polo camiño cara á praia próxima».

Ferreiro conclúe afirmando que espera que o goberno local tome medidas urxentes para solucionar esta situación canto antes e di que se nalgún momento VOX Malpica ten representación municipal, tomará todas as medidas necesarias para reverter esta grave situación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?