Denuncian o deteriodo do pecio da Arnela en Corme

1 minutes read

As asociacións culturais Ínsua de Viastela e Santo Adrián de Corme-Aldea; a asociación de veciños Eduardo Pondal; a entidade deportiva Vidú, o Corme CF, a asociación de redeiras Illa dá Estrela, a confraría de pescadores de Corme e a ANPA As Forcadas coinciden na súa preocupación pola deterioración do pecio, destacando a gran importancia que ten tanto para a historia da navegación en xeral como para a de Corme en particular.

“Ao canalizarse o río da Arnela e cerrarse o ciclo da auga na praia, a area que antes baixaba coas riadas de inverno e aguantaban os restos tapados e protexidos dos embates do mar, deixou de facelo e cada ano o pecio queda máis descuberto e sen protección nas vagas de mar polo que, en breve, asistiremos á súa desaparición se alguén non lle busca un rápido remedio. Por isto, solicitamos aos responsables de velar polo noso patrimonio que, urxentemente, se tomen medidas e decisións (hainas) co obxectivo de que o pecio non desapareza e recolleremos firmas para apoiar esta iniciativa”, afirman nun comunicado conxunto.

Para elo, contan tamén co respaldo do tecido asociativo de Corme, do Concello de Ponteceso e a A. C. Naufraxios Galego.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?