O remolque-escenario estaba aparcado a carón do campo de fútbol nunha zona próxima ao hospital Meixoeiro de Vigo. Era un lugar seguro, protexido polas cámaras de vixilancia do recinto deportivo, ata cando persoas descoñecidas forzaron as pechaduras e levaron gran parte do material de son. O material subtraído está valorado nuns 40.000 euros, pero o alcance da perda aínda é maior. O roubo foi denunciado na policía e, segundo a vítima, houbo máis casos semellantes no último mes nesta zona. As forzas de seguridade investigan o caso.
Denuncian o roubo do equipo dunha orquestra valorado en máis de 40.000 euros
Foto.-tg.