Denuncian pola canle interna do PSOE á alcaldesa da Coruña Inés Rey e a Lage Tuñas

1 minutes read

Dúas exconcelleiras socialistas na Coruña presentaron a través da canle interna de denuncias do Partido Socialista escritos nos que aseguran ter sido vítima de mobbing, berros, insultos e outros feitos despectivos. Ambas as denunciantes formaron parte do grupo municipal socialista entre 2019 e 2023, e, ao parecer, remataron o mandato en medio de fortes tensións internas no grupo. de feito, unha delas foi destituida en 2020. Aseguran ter testemuñas e probas de todo o que denuncia, entre o que está sufrir «insultos» e «escarnio público». Tras coñecer estas acusacións, a alcaldesa da Coruña emitiu un comunicado no que lamenta que se use esta canle interna do PSOE para fins ben diferentes do que ten encomendado, que é a protección das vítimas de acoso. Considera que a situación é na realidade un «axuste de contas» porque as denunciantes non repetiron nas listas socialistas. Inés Rey di que coas denunciantes «hai anos que non ten ningunha relación» e nimounas a acudir a un xulgado.