Denuncian que 1.500 personas levan tres meses sen médico no centro de saúde de Carballo

Xoán M. Sande Muñiz. Foto.- nhdiario.es

  • Desde a CIG-saúde sinalan que os investimentos millonarios da Xunta non tapan a nefasta xestión da sanidade pública galega

Unhas 1.500 persoas levan tres meses en médico no centro de saúde de Carballo, segundo denuncia a CIG-saúde.

Sinalan que desde o mes de novembro do ano 2019, cando se incorporan médicos que conseguiran praza no Sergas nas últimas oposición mentres que outros marchaban polo concurso de traslados, segue sen cubrise o cupo médico.

“Algúns días os pacientes son distribuidos entre os demáis médicos, outros días bloquéase a axenda e só se atenden as urxencias e outros ábrese unha axenda en horario de tarde que se cubre con peoanadas dalgúns médicos da mañá”, sinala Xoan Sande Muñiz, membro da CIG-saúde, que non sabe canto aguantará esta situación.

Consideran que esta situación é inadmisible e recalcan que todos os anuncios de investimentos millonarios por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, son propaganda, e nada pode tapar a “nefasta xestión do seu goberno na sanidade pública”, explica Muñiz.