- «Dependendo da zona onde vivas, parece haber cidadáns de primeira, de segunda e incluso de terceira categoría, cando todos pagamos os mesmos impostos».
O secretario local da agrupación municipalista Xuntos Carballo, Xesús Deus Gende, ven de presentar no concello un escrito avalado por unha boa morea de firmas veciñais reclamando melloras e solucións.
Faino despois de ter unha xuntanza cos veciños/as fartos de agardar por unha solución as distintas carencias existentes. Concretamente as reclamacións están relacionadas coas rúas Severiano Soutullo, Pau Casals e médico Ramón Louzao.
Para a Severiano Soutullo pidese a construcción dunha beirarúa, dado que por treitos e moi estreita o que dificulta o normal tránsito de persoas, posto que a circulación de vehículos é constante, véndose na obrigación os peóns de ter que apartar para as cunetas, co conseguinte risco. Unha opción alternativa segundo transmiten sería que a vía pasara a ser de sentido único,que estaría habilitada para circular dende o polígono dirección Av.Bertoa. Dende a Av.de Bertoa dirección polígono só sería para residentes, ciclistas, peóns ou vehículos de urxencias. Esta proposta suporia que tan só co pintado dunha liña que delimitara un arcén, solucionaría parte do problema existente.
Para a Pau Casals piden o entubado de partes da estrada que permita o seu ancheamento, pois e moi estreita e enrevesada, e para rematar para a médico Ramón Louzao piden que se abran cunetas na parte alta da vía para evacuar a auga que en época invernal asolaga a rúa dificultando o normal tránsito de persoas. Asimesmo nesa zona concreta solicitan a posibilidade de ser dotados con auga corrente e alcantarillado, así coma un contedor de lixo.
A todo o descrito anteriormente sumase o acondicionamento do firme en todas elas. Un firme moi deficiente que en primeira persoa poideron comprobar o secretario local e o responsable de obras de Xuntos Carballo, José Luis Bardanca, acompañados polo representante para a zona José Manuel Ramos Puente.
