Denuncian que hai cabalos atados a árbores en «pésimas condicións» en Ponteceso

1 minutes read
  • Dende a asociación Libera aseguran que estos comportamentos están penados pola Lei, e que poden chegar a provocar danos psíquicos nos animais.

Denunciaron a presenza de dous cabalos atados a árbores en malas condicións nunha leira de Ponteceso, ambos sen refuxio nin auga. Segundo aseguran, trátase do segundo caso en menos dun mes nos que «se localizan cabalos inmobilizados de forma continuada, sen cumprir coa normativa vixente de benestar animal e presumiblemente sen estar debidamente identificados con microchip, como obriga a lexislación». Os animalistas din que estas prácticas «supoñen un sufrimento continuado aos animais» limitando de forma permanente os seus movementos. A ONG trasladoulle o caso a Consellería de Medio Rural para que tome medidas no asunto.