Durante a pandemia, as descargas de pornografía infantil aumentaron en Europa de maneira alarmante. Este mimso fin de semana, once persoas foron detidas en Alemaña por abusos sexuais a menores. Colgaban o material que filmaban na internet. A Comisión Europea «ve signos moi preocupantes» e prepara unha estratexia para combater esta secuela.
Euronews falou con Ylva Johansson, comisaria europea de Interior. «Varios indicadores móstrannos que o problema está a crecer enormemente. Acabamos de recibir unha serie de informes procedentes de Estados Unidos, e durante o mes de abril os casos de abusos sexuais a menores multiplicáronse por catro respecto ao mes de abril do ano pasado. Tamén recibimos informes similares procentes dos Estados membros da Unión Europea», explica a comisaria.
«Produciuse unha explosión durante a crise do coronavirus». A estratexia da Comisión Europea pon en énfase na necesidade de reforzar a cooperación policial a través de Europol, tanto a nivel europeo como internacional, para rastrexar aos abusadores e rescatar aos nenos. “Estamos ante un fenómeno global e temos que afrontalo xuntos», afirma Johansson. «Os nenos teñen dereitos e estamos obrigados a protexelos, e non os estamos facendo o suficientemente ben. Así que vou propoñer novas medidas nesta área na nosa próxima estratexia».