0
Moitos establecementos de Carballo amenceron este venres infestados de carteis de gran formato pegados con cola sobre os cristais dos seus escaparates, especialmente en locais baleiros, pero tamén en valos de obra e mesmo como se aprecia na imaxe en comercios en activo. Moitas foron as chamadas de protesta ás autoridades policiais, para que se investigue a identidade da persoa ou empresa que levou a cabo semellante atrocidade. Os afiches correspóndense co anuncio dunha película rodada en galego e denominada “Matria”. Hai baixos afectados na Avenida Finisterrre, Avenida de Malpica, rúa Sol, rúa Puente, rúa Fomento, Praza de Galicia, etc.