33
- Durante estes días, alumnado dos CEIP Virxe da Barca, Vilarmide e Os Muíños participaron nun curso de iniciación á navegación
Coa chegada do verán o Concello de Muxía puxo en marcha a súa programación deportiva e cultural MuxiUp, que inclúe un curso de vela e de iniciación á navegación do que xa puideron gozar estes días os alumnos dos CEIP Virxe da Barca, Vilarmide e Os Muiños.
Entre as diversas actividades deportivas tamén destacan a viaxe ao aquapark de Cerceda, programada para o 21 e 22 de xullo; a exhibición de bailes de salón “Bailes caribeños”, que terán lugar no Porto e no que ademais participarán varios campións de España; o Gran Fondo Ézaro ao seu paso por Muxía; a xincana “Muxía Máxica” e un xogo de Escape Room adaptado á vila e onde se poderá competir por grupos os días 23 e 24 de agosto.