0
Esta pasada fin de semana 6 dos deportistas do club SAL (Salvamento Acuático Laracha), participaron na I Kids Spanish Cup e XXXVII Campionato de España Infantil e Cadete de Piscina 2023, que tivo lugar en Bétera (Valencia).
En categoría infantil, representaron ao club SAL Shaila Rodríguez, Paula Vilar e Pedro Caamaño e en categoría cadete foron Iria Barreiro, Gabriela Paulos e Juan Martín Rodríguez quenes representaron a cor amarela durante este campionato.
Todas elas e eles ían a Valencia co obxectivo de aumentar a súa experiencia en campionatos nacionais e mellorar as súas marcas. Obxectivos máis que acadados.
Os resultados a destacar foron:
Juan Martín Rodríguez, en categoría cadete masculino:
- 3º en 100m. remolque de maniquí con aletas (Récord Galego)
- 3º en 200m. supersocorrista.
- 8º en 50m. remolque de maniquí.
Iria Barreiro, en categoría cadete feminina: - 9ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
- 16ª en 50m. remolque de maniquí.
Gabriela Paulos, en categoría cadete feminina: - 15ª en 200m. supersocorrista.
- 20ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
- 24ª en 50m. remolque de maniquí.
Shaila Rodríguez, en categoría infantil feminina: - 8ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
- 21ª en 100m. socorrista.
- 23ª 50m. remolque de maniquí.
Paula Vilar, en categoría infantil feminina: - 11ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
- 17ª en 50m. remolque de maniquí.
- 19ª en 100m. socorrista.
Pedro Caamaño, en categoría infantil masculino: - 12º en 100m. socorrista (posición que acadou por entrar na final B de dita proba,
malia non poder desputala por un contratempo).