Deputación da Coruña e Cámara de Comercio | Pola reactivación do sector turístico

Cedida.

A área de Turismo da Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña estudan traballar conxuntamente na promoción turística da provincia e a reactivación do turismo despois da crise da pandemia. A reunión mantida polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e o director xeral da Cámara de Comercio, Manuel Galdo, avanzou na colaboración nesta liña de acción. Entre o que se quere desenvolver conxuntamente atópase a distribución de información turística da Deputación en feiras e encontros empresariais nos que participe a Cámara ou nos contactos de persoal técnico de comercio exterior en xuntanzas con axencias de viaxe, turoperadores ou outros sectores ademais de participación no calendario de accións exteriores. Nas misións de empresas externas na Coruña, a Cámara de Comercio, segundo se acordou na xuntanza, organizará visitas guiadas aos principais puntos turísticos. Da mesma maneira, nas xornadas de comercio exterior organizadas pola entidade ofrecerase información turística subministrada pola Deputación da Coruña.