O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o deputado provincial de Patrimonio e Equipamento, Xosé Luís Penas, asinaron o convenio de colaboración anual para a xestión do Forno do Forte de Buño. A Deputación da Coruña achegará o 100% dos gastos para o funcionamento do complexo etnográfico, que xestionará integramente o Concello de Malpica. Este convenio entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2024 por un importe que ascende a 80.000 euros.