O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo, asinaron o convenio de colaboración polo que ambas institucións investirán 76.580,65 euros na adquisición dunha nave de 622 metros cadrados que se destinará a usos municipais, entre eles a garaxe dos diversos vehículos cos que conta o parque móvil municipal (camión do lixo, tractores, automóbiles de Protección Civil, máquina de limpeza de Praia, pick up da brigada de obras…), que actualmente non contan cunha infraestrutura axeitada para o seu estacionamento.
A nave, situada na rúa Francisco Canosa Nemiña, empregarase tamén coma almacén de diversos materiais municipais.
O convenio estipula unha achega provincial de 61.264,52 euros, un 80% do orzamento total da compra.