O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, e o vicepresidente, Xosé Regueira, asinaron un convenio para o financiamento da primeira fase dos traballos de restauración do parque do Pasatempo. A obra permitirán recuperar os case 700 metros cadrados da zona do estanque do Retiro cun investimento de 525.000 euros, dos que 419.944 serán achegados pola institución provincial e 104.986 polo Concello de Betanzos. Os fondos empregaranse para a recuperación dos elementos máis deteriorados do parque debido a súa antigüidade e ao efecto da auga: o Estanque do Retiro e o seu templete, un dos espazos máis representativos do Pasatempo, que precisa dunha actuación urxente para evitar a súa destrución. As obras incluirán a recuperación de todos os elementos escultóricos, pictóricos e arquitectónicos desta área e estenderanse ao longo dun ano e medio debido á súa complexidade.