Deputación e concello de Zas investirán 117.000 euros na 1ª fase das obras de mellora da Cacharosa en Baio

  • Este convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Zas permitirá que en breve comecen os traballos nunha zona que presenta numerosas carencias

Con esta actuación substituiránse as redes de saneamento – que actualmente son de fibrocemento -, realizaranse as acometidas de auga e tamén se canalizarán as augas pluviais. En canto ao aspecto, está prevista a renovación do pavimento co que mellorará notablemente a imaxe desta zona urbana.

Nos próximos días, o Alcalde de Zas e Deputado Provincial, Manuel Muíño Espasandín, e un representante da Deputación da Coruña asinarán o convenio que lle permiten ao Concello de Zas – e grazas á colaboración coa Deputación da Coruña –  continuar co seu plan de mellora das infraestruturas incrementando así a calidade dos servizos que se ofrecen á veciñanza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha