Así o anunciaron o alcalde Diego Luís Díaz, e o presidente provincial, Valentín González Formoso, que realizou unha visita institucional ao municipio acompañado da deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro.
O alcalde de Val do Dubra explicou ao presidente «o cambio de condicións» desde a presentación orixinal do proxecto en 2017 e a súa posterior modificación en 2018, que recibiron numerosas alegacións por parte da veciñanza. «Agora contamos con dous aparcamentos grandes nas inmediacións da estrada DP 1914 que resolven o principal problema que plantexaban comerciantes e veciños, que era o da falta de prazas de estacionamento no centro. Cremos que é posible recuperar este proxecto ou un similar, que contribúa tanto á mellora da seguridade vial como da imaxe da zona», apuntou o alcalde.