Derbi galego de importancia entre o Santo Domingo de Betanzos e o Calvo Basket Xiria

O Calvo Basket Xiria viaxa este domingo ás 17:00 horas para xogar na cancha do santo Domingo de Betanzos. É o derbi máis emocionante, ao ser o rival de máis preto a Carballo ten un punto de maior ilusión, xa que a maioría dos xogadores son vellos coñecidos dende fai anos, o que fai que este tipo de encontros se afronten con máis gañas. A maiores diso é un partido de vital importancia, a nivel de clasificación para ámbolos dous equipos.
Para o Xiria este partido é importantísimo, xa que no partido de ida, a pesar de facer un bo xogo, nos instantes finais o Santo Domingo chegou con máis motivación e conseguiron sacalo adiante.
Héctor Méndez comenta que “nesta ocasión espero que sexa moi igualado e que non lle perdamos a cara ó partido en ningún momento, estar durante todos os minutos metidos no xogo e que poidamos gañar, así as seguintes xornadas estaremos nunha posición mais cómoda, sen a tensión de afundirse na clasificación».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha