Derbi Galego en Carballo na Liga EBA, o Calvo Basket Xiria recibe ao Santo Domingo de Betanzos


Xornada interesante a que viviremos en Carballo, este sábado 26 ás 17:00 horas no Pavillón Vila de Noia, entre o equipo local: Calvo Basket Xiria e o Santo Domingo de Betanzos. Os motivos son varios, xa que son equipos parellos entre si, con adestradores mozos a fronte e que se coñecen moi ben entre si. Ademais logo de catro vitorias consecutivas, está por ver si os carballeses seguen a súa racha efectiva e por outra banda o equipo de Betanzos retoma á senda da vitoria e se afasta das posicións mas baixas, polo que alicientes non lle faltan a este partido, e seguro que será un bo espectáculo.


O Santo Domingo, acaba de incorporar a un novo Pivote americano con experiencia el LEB Prata e que xa debutou a semana pasada (8 ptos., 7 reb., en 27 min), que en conxunto co ex-xiria Marcos Rozas, fan unha dupla de ”grandes” con músculo e poder de anotación a ter en conta, que sumado ó base Jorge Abelleira (media de 15 ptos) e os seus experimentados xogadores exteriores Guillermo Pereiro e Daniel Martin, fan un equipo a ter moi en conta neste partido e na tempada.

Unha vez máis o Xiria necesita que os seus xogadores do primeiro equipo, estean ó 100% de concentración dende o pitido inicial, apretando en defensa e facendo o seu xogo en ataque para deixar outra vitoria en Carballo.
Pola parte do Calvo Basket Xiria, o seu adestrador Héctor Méndez estivo recuperando xogadores, que logo do partido e esforzo en Ávila, necesitaron coidados médicos e baixar un pouco o ritmo de adestramentos da semana.

Pero que pasado o ecuador da mesma e cun pouco máis de descanso, atoparanse en condicións óptimas para competir neste #DerbiGalego da Liga EBA. O conxunto local competirá sen complexos buscando a vitoria en Carballo pero atentos ó rival que ten en fronte, que ó menor despiste pódelle complicar o partido e de seguro intentará gañarlle.