Derrota contundente do Calvo Basket Xiria na casa


O conxunto carballés enfrontouse este sábado ao KFC Culleredo ás cinco da tarde no Vila de Noia en partido de liga EBA. O Calvo Basket Xiria sufriu unha contundente derrota, onde tan só no segundo cuarto foi quen de igualar a contenda do equipo cullerdense. 16-24, 17-17, 12-15 e 20-26, este foi o resultado dos cuartos, que sumaron un total ao final do encontro de 65-82. O xogador Calvo destacado da xornada foi Jorge García.