Derrota do Bergantiños ante o líder e o Paiosaco non sae da uvi


O Bergantiños saíu derrotado pola mínima (0-1) este domingo no estadio Vero Boquete de Santiago ante o líder da clasificación da Terceira División Grupo 1, o Compostela. Os carballeses quixeron e non puideron, levaron a iniciativa no primeiro tempo, pero xa na segunda parte o Compostela reaccionou e imprimiu o seu mellor xogo, un disparo a porta de Samu, mal taponado pola defensa do Bergantiños acabou na rede no minuto 54.

Doutra banda, repartición de puntos na Porta Santa, o UD Paiosaco-Hierros empatou (1-1) este domingo contra o Silva SD. Un resultado pouco favorable, ou si, para calquera dos dous equipos, o Paiosaco segue de pechacancelas e o Silva a portas do descenso.

Resultados Xornada 23:

Clasificación tras a Xornada 23: