Mal partido e peor resultado o cultivado este sábado polo Calvo BasKet Xiria en terras leonesas ante o Agustinos Leclerc. Un cúmulo de circunstancias cunha férrea defensa do equipo local privou aos carballeses de avanzar no marcador. O Calvo Basket Xiria tamén se viu superado en ataque polo equipo leonés nos catro cuartos do encontro 20-12, 13-12, 14-8 e 16-15, cun resultado final de 63-47. Tócalle seguir traballando aos carballeses para mellorar. Mamadou Diagne foi o Xogador Calvo da semana, con 17 puntos e 16 rebotes en 33 minutos con 28 de valoración.