42
O Calvo Basket Xiria caeu derrotado este sábado no Pavillón Municipal Ángel Nieto de Zamora ante o equipo local o Caja Rural Zamora, por un contundente resultado final de 93-76. O conxunto carballés presentábase como favorito ao choque tras mostrar o seu potencial derrotando a domicilio fai un par de xornadas e por unha amplísima marxe (54-92) ao Obradoiro Silleda, un dos equipos chamados a ocupar os postos nobres da clasificación. Pero non puido ser, o equipo zamorano xogou ben e dominou o resultado de principio a fin, excepto no terceiro cuarto, onde o Calvo Basket Xiria marcou unha vantaxe de 10 puntos. Toca pasar páxina e seguir traballando pensando no próximo partido.