Derrota do CB Laracha nun partido moi igualado que se decidiu nos últimos segundos.
Comezaba o xogo con ambos equipos moi relaxados tanto en ataque como en defensa, as senior non acadaban circular o balón con rapidez e fluidez, ainda así, conseguiron algunha penetración e múltiples oportunidades de tiro. Este parcial acabaría cun resultado de 12-15.
No segundo cuarto viuse una versión mellorada das larachesas, as cales demostraron máis intensidade propiciando pérdidas de balón do equipo rival. Esto permitiu gañar este parcial con resultado de 22-17.
Tras o descanso, o equipo rival aumenta a súa intensidade tanto en ataque como en defensa, as xogadoras do CB Laracha saen menos intensas e vense superadas polas santiaguesas, aínda así conseguiron manter o marcador axustado sendo o resultado deste parcial 16-16.
Neste último tempo, o equipo rival basou todo o seu xogo na sua xogadora M. Asteinza a cal acadou 39 puntos, por outra banda 3 das xogadoras locais foron expulsadas por faltas, dificultado así o traballo defensivo. Malia que o Laracha tivo a xogada para gañar o partido non puido transformala en canasta e a victoria acabou caendo do lado das de Santiago. O resultado deste parcial foi 16-20.

Senior masculino
FUNDACIÓN CULLEREDO 75 – 84 C.B. LARACHA M3
O C.B. Laracha M3 consegue unha nova victoria nunha pista complicada e contra un rival directo. O conxunto larachés comezou cunha dinámica lenta facendo así que Fundación lle levase a vantaxe durante os dous primeiros cuartos, en cambio, os laracheses pouco a pouco fóronse aproximando ata lograr o empate sobre a bocina do segundo cuarto. Tras a volta dos vestiarios, o equipo de Javier e Sito logrou aumentar o ritmo propiciando canastras liberadas que deron a vantaxe no marcador. Grazas ao traballo en equipo e o aumento de ritmo a nivel defensivo conseguiuse unha diferenza de nove puntos para levar a victoria nunha pista realmente complicada.