A D Carballal 34 – Grupo Lemaco Xiria 31
Non soubo estar no nivel esperado o Grupo Lemaco A ante un rival intenso e que en ningún momento cedeu ante os de Carballo.
Apostou por unha defensa moi aberta o Xiria e co transcorrer dos minutos volvéuselle en contra por esgotamento e por non roubar balóns para a contra. Moito máis centrados en defensa os xogadores vigueses, e sobre todo máis duros nas súas accións, non permitían aos contrarios estar cómodos no ataque, o Grupo Lemaco errou demasiado ante o porteiro rival, non aproveitando as numerosas ocasións onde o equipo contrario cedía espazos na defensa.
O Carballal xogou ben o seu ataque, con paciencia e agardando a posicións claras de lanzamento onde os porteiros do Xiria pouco podían facer, foi un partido igualado no que os derradeiros minutos decidiron en favor dos vigueses.
A falta dunha xornada o Grupo Lemaco recibirá ao Atlántico, unha vez que xa está clasificado para a loita polo Play Off final.
Grupo Lemaco Xiria B 35 – Balonmán Narón Ferrolterra Grupo capela 25
Non lle treme o pulso aos xogadores de primeiro ano do Grupo Lemaco, medíanse ante un dos favoritos e rival máis forte da súa liga, e pese a empezar sendo superados polo rival, deron volta ao partido e fixéronse cunha cómoda vantaxe que os segue a situar líderes destacados.
Empezaba o encontro cun Balonmán Narón moi metido en tarefas defensivas, apostando por unha defensa pechada no centro, tan so permitindo lanzamento polos extremos, algo no que o Xiria nos primeiros minutos non se mostrou moi eficaz, batendo co porteiro de Narón e sufrindo no marcador cun 2 a 6.
Tiña que resolver o Grupo Lemaco os problemas que tiña no centro do ataque, con desdobramentos e con bos lanzamentos exteriores, o Narón empezou a ceder, e xa no descanso mandaban os locais por tres goles.
Na volta a pista, o Grupo Lemaco seguiu apostando pola defensa aberta, algo que non puido resolver o rival e facía que o Xiria se lanzase en contragolpes cada vez que podía, a defensa naronesa perdía eficacia e os locais rompían o marcador chegando ao 35 a 25 final.