Derrota do Paiosaco en Ourense, 4-1


Os ourensáns entraron moi ben ao partido e fixéronse co dominio desde o inicio. Aos 13 minutos chegou o primeiro tanto do conxunto adestrado por Rubén Domínguez. O visitante Edu fallou na saída de balón e Ces Cotos aproveitou para asistir a Borja Domingo, que bateu de tiro raso ao meta Rama e minutos máis tarde marcaría o 2-0. Claro dominio do Ourense CF, que cun ritmo alto de xogo evitaba que llo seu rival puidese crear perigo, pero Jesús nunha chegada a contratempo marcaba o 2-1. Tras o paso polos vestiarios, os de Juan Emilio Riveiro saíron máis enchufados e adiantaron as liñas en busca da igualada. Jesús e Otero tiveron un par de situacións de gol para empatar, pero de novo Borja Domingo marcaba o 3-1. O Paiosaco veuse abaixo e Tapha anotaría o 4-1. O Ourense continúa no primeiro posto e suma catro vitorias no últimos cinco partidos.