36
A SD Sofán non foi quen de facer pé no partido xogado este domingo na casa do Polvorín FC. Nove minutos lle levou a Brais abrir a lata do conxunto local tras unha boa internada de Driss. Con poucas finalizacións en ataque a SD non era quen de crear perigo na portería rival, chegando ao descanso con 1-0 no marcador. Tras a reanudación a cousa non podía empezar peor, no minuto 48 unha internada de Julio poñía o 2-0 no marcador. O Polvorín mostrouse moi serio en defensa e non deu opcións á remontada, no minuto 83 pechaba a súa racha goleadora por mediación de Rojo, 3-0. Silva e Choco serán os próximos rivais do Sofán, que apela á presión do Carral para intentar seguir sumando.