Derrota humillante do Barcelona ante o Bayern (2-8)

O Bayern de Múnic aplicou este venres un severo correctivo ao FC Barcelona, ao que derrotou por 2-8 nos cuartos de final da liga de Campións que se celebra en Lisboa, nun partido onde os bávaros foron superiores de principio a fin. O Barçá mostrou a mesma cara que na recta final da liga, escaso xogo en equipo e graves erros defensivos tanto polos costados como polo centro. Unha dura derrota para concluír unha atípica e difícil tempada que, ademais, acende todas as alarmas en Camp Barça e que pode supoñer o adeus definitivo de Quique Setién.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha