Derrubada a caldeira da central térmica de Meirama

1 minutes read

Ás 13:00 horas deste martes Naturgy realizou a voadura da caldeira da súa antiga central térmica en Meirama. Apenas varios segundos e 1.214 quilos de dinamita foron suficientes para poñer fin á ultima gran instalación da térmica cercedense. En base a un protocolo de emerxencias previamente establecido, con desaloxo de varias vivendas e corte da estrada, caeron a enorme caldeira, o montacargas e os ascensores anexos. Canda os silos de cinza desaparecen definitivamente a que foi unha das maiores plantas de produción de enerxía do país, cunha potencia bruta de 580 megawatts. A voadura deste martes é o epílogo a catro décadas de actividade, nas que a central foi o centro industrial da comarca. Naturgy proxecta instalar no mesmo lugar unha planta de produción de hidróxeno verde. No escudo do concello de Cerceda aínda figura o debuxo da central, coas dúas torres xa desaparecidas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?