33
Unha parte da cuberta do colexio Salesianos de Ourense esborrallouse sen provocar feridos, a pesar de que no edificio había aínda bastantes persoas. O incidente, que se rexistrou nunha xornada de choivas intensas, deixou unha enorme fenda no tellado, xusto encima da zona de comedor e salas de estar do complexo no que viven os relixiosos do centro. No momento da caída, os salesianos estaban a comer e, para a súa sorpresa, oíron un gran estrondo que se fixo notar en todas as instalacións do colexio. Mentres, os alumnos asistían á súa última clase da mañá e tamén se sorprenderon co ruído. Ante a incerteza, o centro púxose en contacto coas familias e as clases finalizaron dez minutos antes do previsto.