Derrúbase un arco da praia das Catedrais en Ribadeo


A forte ondaxe que presentou o mar estes días na costa luguesa foi a posible causa dun desprendemento de terras na praia das Catedrais, en Ribadeo. Polo que un dos arcos de pedra deste monumento natural se derrubou entre a noite do domingo e o luns. Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, técnicos do servizo de Patrimonio Natural de Lugo realizaron unha visita á zona para elaborar un informe sobre o sucedido. A caida das pedras afectou un espazo de seis metros de ancho por dez de alto. Con todo, dende o concello din que estes desprendementos son frecuentes e inevitables e que precisamente son os que lle deron ao longo dos séculos a súa particular forma á praia.