Desacordo europeo sobre a enerxía

Persisten as divisións no seo da Unión Europea sobre como afrontar a subida do prezo da enerxía. Os ministros do ramo reuníronse unha vez máis, esta vez en Luxemburgo, para analizar as diferentes propostas. Pero non hai acordo á vista. A idea española para comprar gas de maneira conxunta suscita aínda moitas dúbidas. A principal liña de fractura refírese á necesidade ou non de introducir reformas no mercado da enerxía. España e Francia están a favor. Pero un grupo de nove países encabezado por Alemaña e Países Baixos afirman que a crise é conxuntural e opóñense. Outro obxectivo a longo prazo é reducir a dependencia europea en materia de gas, apontoando o sector das enerxías renovables.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha