viernes, 22 mayo , 2026

Desactivado o estado de seca prolongada en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa

1 minutes read

As chuvias rexistradas nas últimas semanas permitiron desactivar o estado de seca prolongada en toda a demarcación hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.

Na xuntanza da Oficina Técnica da Seca, presidida pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e na que tamén participaron Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, confirmouse a melloría da situacións tras as chuvias intensas rexistradas nas últimas semanas. 

A consolidación dos indicadores favorables do mes de novembro, coas precipitacións de decembro, permitiron recuperar os valores de normalidade en canto a chuvia rexistrada, superando a situación de seca prolongada que se mantiña activa aínda nalgúns sistemas da demarcación.

Así, recuperan os valores de normalidade os sistemas do río Ulla e ría de Arousa (marxe dereita); río Tambre; río Mero, Arteixo e ría da Coruña; río Mandeo e ría de Betanzos; río Eume e ría de Ares; e Ferrol.