Desactivado o nivel 2 de alerta nos incendios do Courel e de Valdeorras

0 minutes read

A situación mellorou considerablemente e na tarde deste venres quedaron desactivadas todas as alertas por proximidade das lapas ás vivendas tanto no Courel como en Valdeorras. Nas últimas horas o lume xa non avanzou e a situación é moito máis tranquila. Os traballos dos equipos contraincendios céntranse agora nas zonas de máis difícil acceso da alta montaña.