Desactivado o plan Inungal: redúcese o risco de inundacións

A Xunta desactivou este luns o Plan especial ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), que permanecía en vigor desde o 7 de febreiro, hai case dúas semanas. Así o informou o 112 Galicia «tras analizar os valores proporcionados» polos organismos que xestionan as concas hidrográficas e «tendo en conta a previsión meteorolóxica e a estabilidadade dos caudais para os próximos días». O Goberno galego activara o plan Inungal o día 7, en pleno azoute da borrasca Karlotta, polo posible desbordamento do río Verdugo ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponte Caldelas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha