Desaloxada unha praia de Barcelona tras aparecer unha bomba da guerra civil

A aparición dun artefacto explosivo, probablemente da guerra civil, obrigou a desaloxar a praia de Sant Sebastià, en Barcelona. A bomba atopouna un Garda Civil que practicaba submarinismo, a tres metros de profundidade e vinte e cinco da beira. A zona, incluíndo nela a praia da Barceloneta, foi acordoada e evacuada preventivamente contra a unha da tarde deste domingo. Estará pechada ata que se retire ou desactive o artefacto explosivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha